Hoxe, 14 de xullo, celebramos o Dís Internacional das Auxiliares de Enfermería.
Nós estamos moi orgullosos das nosas, excelentes profesionais e mellores persoas, que fan o noso Equipo Humano ainda máis grande.

Nun día coma hoxe non podemos deixar pasar a oportunidade de facerlles a nosa particular homenaxe, e sobre todo, de agradecerlles o seu esforzo diario e o agarimo co que coidan dos nosos maiores.
Sen dúbida, debémonos a elas, que se encargan de que os nosos residentes estén perfectamente atendidos as 24 horas do día. Comidas, baños, hixiene, paseos, … O seu traballo é esencial para a saúde e o benestar de todos.
Moitas grazas chicas!


