Esta fin de semana, o domingo 11 de abril, no telexornal de Telecinco quixeron contar con nos para comunicar unha moi boa noticia.
Dende o comezo desta pandemia, na nosa residencia non comunicamos ningún falecemento entre os nosos maiores, algo que nos fai moi felices!
Deixámosvos a ligazón da noticia de Telecinco onde nos podedes ver a partir do minuto 10.10:
Despois de haber pasado tantos momentos difíciles o único que nos queda é seguir dándovos as grazas a todos; traballadores da residencia, ós nosos maiores e ós familiares que sempre estiveron ahí.
