Os nosos maiores xa comezaron a traballar no que será unha das actividades que realizaremos para celebrar o Día da Muller.
Con moito traballo e cariño realizaron este fermoso mural que alegra as paredes da nosa Residencia.
Cada día temos máis claro que os nosos maiores son uns verdadeiros artistas. Desfrutamos un montón vendo o ben que o pasan realizando este tipo de actividades, mentres traballan en distintas capacidades cognitivas e psicomotrices.







