Xa sabedes o moito que nos gustan as manualidades na nosa residencia… Os nosos maiores desfrutan moito creando murais temáticos que alegran as nosas paredes e os nosos corazóns.
Este ano moitos Entroidos non se poden celebrar coma de costume, pero nós quixemos celebralos á nosa maneira e rendirlle unha especial homenaxe a esta festa que tanto nos gusta.
Comezamos a traballar nun mural no que estarán presentes as figuras máis tradicionais do Entroido na nosa Comunidade. Peliqueiros, Cigarróns, Pantallas, …
E tamén traballamos nun mural moi especial para nós, no que plasmamos o noso desexo de vencer nesta loita que todos temos aberta en contra da COVID.





