O pasado venres tivemos a honra de recibir a visita da TVG. A nosa entrevista emiteuse en directo no programa Fun Polo Aire.
Na seguinte ligazón podedes ver a nosa entrevista, a partir do minuto 32:00.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-485-4763623
Estamos moi contentos e orguiosos de poder contarlle a todo o mundo que o COVID19 todavía non entrou na nosa residencia. Moitas grazas á TVG por visitarnos e por amosar a nosa realidade.
Seguiremos sen baixar a garda e traballando en prol do benestar e a saúde dos nosos maiores.
