O ano 2020 foi un ano duro e difícil para todos. Moita xente perdeu seres queridos e sufre unas súas propias carnes os efectos máis negativos que nos trouxo a COVID19.
Sen dúbida, foi un ano que nunca esqueceremos polo que nos fixo loitar e incluso desesperar, moitas veces. Pero tamén sacamos moitas cousas en positivo do 2020.
Aprendimos a valorar o que temos, a importancia de estar presente para os nosos seres queridos e a desfrutar de cada instante ao máximo, sen pensar en moito máis.
Na nosa Residencia, grazas ao gran esforzo de todo o equipo humano e ao comportamento exemplar dos nosos maiores e as súas familias, tivemos a fortuna de escapar do virus, e a día de hoxe podemos dicir con orgullo que non tivemos ningún caso entre nós. Que siga así para sempre.
Despedimos o ano coa gran noticia do comezo da campaña de vacinación, que moi pronto chegará á nosa Residencia, e que acolleremos con moita ilusión e ledicia.
Hoxe comezamos o 2021 con moitas ganas, moita ledicia e moita emoción. Temos a sensación de que nos agardan millóns de cousas boas este ano, e a confianza de que nuns meses poderemos recuperar a nosa antiga normalidade e retomar as visitas familiares habituais, con toda a alegría que iso lles produce aos nosos maiores.
Estamos seguros de que este ano quedará marcado nas nosas mentes como un gran ano, un ano de cambios a mellor e de loitas superadas. E con todo o que traemos aprendido do 2020, disfrutaremos cada día coma nunca antes o fixéramos.
Continuaremos coidando con todo o agarimo e adicación ós nosos maiores, para que sigan sentindo que esta é a súa casa e que non lles falta de nada, nin sequera un abrazo cando se sintan melancólicos ou nostálxicos.
Porque na nosa Residencia somos unha gran familia, e sabemos moi ben que permanecer unidos é o que nos fai máis fortes.
Desexámosvos, de todo corazón, un ano venturoso e cheo de prosperidade e saúde. Recibide unha aperta virtual enorme de todos nós.
Feliz 2021!
Paula Guzmán, Directora.
