Entregamos 40 menús de Nadal ás familias de Silleda que máis o precisaban.
O Nadal é unha festa que ninguén debería deixar de celebrar, porque nos enche de ilusión e de amor.
Nós puxemos o noso pequeno gran de area para que o Nadal chegue a todas as casas do noso pobo, porque axudándonos entre todos conseguiremos unha Silleda mellor.






