AVISO IMPORTANTE

Este ano o Nadal será diferente, pero non por elo ten que ser peor. Poñemos en marcha, en colaboración co Concello de Silleda, un servicio de comidas e ceas gratuita nos días especiais de Nadal para todas aquelas persoas que o precisen. O servicio será de cea os días 24 e 31 de decembro, e […]

Este ano o Nadal será diferente, pero non por elo ten que ser peor.

Poñemos en marcha, en colaboración co Concello de Silleda, un servicio de comidas e ceas gratuita nos días especiais de Nadal para todas aquelas persoas que o precisen.

O servicio será de cea os días 24 e 31 de decembro, e de xantar os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro.

Para solicitalo, tan só será necesario chamar ao teléfono da nosa Residencia: 986 69 22 29 e contactar co noso departamento de Traballo Social.

Solicitaranse os datos persoais e a dirección de entrega, que serán tratatos con total confidencialidade e posteriormente cotexados polo Departamento de Servicios Sociais do Concello de Silleda.

Os prazos de solitude serán ata o día 22 de decembro para solicitar o servicio para Noiteboa e Nadal; ata o 29 de decembro para solicitar o servicio os días de Noitevella e Aninovo; e ata o 4 de xaneiro para solicitar o servicio no Día de Reis.

A entrega das comidas ou ceas será realizada por unha empresa externa, que levará ata os domicilios dos solicitantes nun formato non reutilizable, seguindo as recomendacións e pautas das autoridades sanitarias. E por suposto, non faltarán os doces e bebidas típicas do Nadal para acompañar a comida.

Ten dereito a este servizo calquer persoa que non teña convivintes ou que se atope en situación de necesidade económica e/ou afectiva ou de compañía.

Porque cremos que ninguén debe sentir soidade nestas daas tan especiais.

COVIASTEC somos unha empresa comprometida coa nosa sociedade, con vocación de servicio e atención aos Maiores do noso concello.

Os nosos mellores desexos para todos e todas. Boas festas!

A Dirección da Residencia de Maiores de Silleda.

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.