Día Internacional da Muller Rural

Hoxe, 15 de outubro, é o Día Internacional da Muller Rural.Dirección, equipo, traballadoras e residentes, a gran parte de nós somos mulleres do rural, mulleres criadas e vividas nunha sociedade e nun entorno que nos fixo ser unhas loitadoras natas.

Hoxe, 15 de outubro, é o Día Internacional da Muller Rural.

Dirección, equipo, traballadoras e residentes, a gran parte de nós somos mulleres do rural, mulleres criadas e vividas nunha sociedade e nun entorno que nos fixo ser unhas loitadoras natas.

A miudo as nosas residentes nos contan as súas historias de supervicencia para sacar as súas familias adiante e para impoñerse nunha sociedade que non lle poñía as cousas nada fáciles.

Na nosas residencias, de Silleda e Luintra, non podemos máis que estar orgullosos das nosas mulleres, tanto das que traballamos aqui como das que coidamos, xa que en cada centímetro de pel temos tatuadas mil experiencias que nos fan fortes e valentes.

Hoxe queremos compartir convosco varias fotografías que, de seguro, cada un de nós ten nas súas casas. Mulleres cun eterno sorriso na cara que coidan da súa familia e que traballan arreo por sacala adiante.

Fotografía de José Manuel https://pin.it/4mBIEnz
Fotografía de José Manuel https://pin.it/4mBIEnz

Grazas ao noso rural por darnos tanto e por darnos a oportunidade de vivir da terra durante tantos anos. Ter entornos tan puros como o de Luintra e o de Silleda, fainos cargar as pilas cada vez que nos achegamos ás contras.

En definitiva, noraboa ás nosas mulleres, valentes, fortes e rurais.

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.