Onte foi o Día Mundial do Alzheimer, enfermidade que coñecemos de preto nas nosas Residencias.
Cada día traballamos a capacidade cognitiva e a memoria dos nosos maiores, con actividades adaptadas que exercitan e estimulan a súa mente dun xeito entretido e lúdico.
Trátase dunha carreira de fondo, un traballo constante que moi pouco a pouco vai dando pequenos froitos, e co que coidamos dos nosos reseidentes e apoiamos ás súas familias na loita contra esta enfermidade tan atroz.
Hoxe mandamos un cariño especial a todos os que convivides dunha forma ou outra co Alzheimer, e poñemos de manifesto a importancia da concienciación social e a investigación en torno a esta doenza.






