Con cada estación preparamos a entrada da nosa residencia dun xeito especial.
Os nosos maiores traballan arreo nas súas horas de actividades para representar o verán, neste caso, inspirándose na súa infancia.

Esta foi a obra que nos quedou!
Bonecas, manteles, debuxos e moita area servéronnos para este atrezo de verán. Nesta residencia, calquera cousiña nos serve para facer decoración.
Feliz día de verán a todos!
