Din que a cara é o reflexo da alma!
Moi bonitas deben de ser as almas dos nosos maiores porque as súas caras son preciosas!
E para facer que sexan máis bonitas aínda, hoxe tivemos sesión perruquería!
Que importante é vernos ben para sentirnos mellor.
Nas nosas residencias contamos sempre con servizo de perruquería para que os nosos maiores se vexan ben, se gusten e estén perfectamente coidados.
Desexámosvos moi feliz semana!






