Podemos asegurar que todo o que pasamos residentes e profesionais mereceu a pena. Din que as peores situacións sacan o mellor das persoas. Se en Coviastec sabíamos que contaba cun bo equipo, o COVID-19 confirmounolo, e non só iso, senon que nos confirmou que os maiores, os máis vulnerables foron uns e unhas grandes valentes aguantando meses de confinamento e de novas maneiras de proceder facilitándonos o traballo tanto como lles foi posible.
Seguimos sen baixar a garda, moi pendentes dos avances desta pandemia mundial que segue a ser unha lacra nesta sociedade.
No día de onte todos os nosos profesionais e residentes da Residencia de Silleda fixemos a proba de COVID-19 cumprindo coas esixencias da Xunta de Galicia, sempre á súa disposición.
Todos, 59 residentes e 30 profesionáis, tivemos resultado negativo. A Residencia de Silleda está libre de COVID-19 unha vez máis.

Para Coviastec Silleda, unha empresa que traballa con maiores, con rigor, sen baixar a garda, con compromiso e vocación de servizo a un sector tan vulnerable como son os maiores, afrontar unha situación tan imprevisible e descoñecida como é, e como foi o COVID-19 non foi unha tarefa sinxela.
Sen embargo, dende o minuto un tivemos claro que o noso xeito de afrontalo sería dunha forma totalmente seria e responsable e, por suposto, acorde coas medidas sanitarias e de control esixidas polo Goberno e as Autoridades.
Como moitos sabedes, todo o equipo Coviastec silleda, fixo grandes esforzos por antepoñer o benestar dos nosos maiores ao noso propio. Conscientes da responsabilidade que tiñamos, do papel importante que xogabamos na vida dos nosos maiores, todos estivemos á altura dando o máximo de nós nos momentos máis complexos.
Seguimos cumprindo exhaustivos protocolos ante a atenta mirada das autoridades sanitarias para, entre todos, protexer un sector tan vulnerable e importante como son as persoas maiores.
Continuamos coas visitas restrinxidas a unha única vez á semana. Sentimos o dor das familias de non poder ver tanto como quixeran aos seus familiares. Sen embargo, entendemos que este xeito de facelo é o máis prudente para todos e todas.
Non nos cansamos de dicilo, grazas.
Moitas grazas a todos os que nos apoiaste nos momentos máis complicados e que aínda agora seguides mostrándonos cada día axuda e afecto.
Agradecemos de xeito especial ao equipo interdisciplinar desta residencia, xa que sen eles, nada sería posible (médico, traballador social, enfermería, terapia ocupacional, xerocultoras, persoal de limpeza e cociña).
Grazas tamén ás Autoridades que sempre nos conduciron hacia o camiño máis axeitado e seguro para os nosos maiores e grazas, de xeito especial á Xerencia do Hospital Clínico de Santiago de Compostela pola implicación que ten co noso centro e por brindarnos toda a axuda en momentos moi delicados tamén para eles.
Por suposto, familias e maiores, os nosos maiores, que descubrimos que eran máis fortes e valentes ca, quizáis ningún de nós, grazas, por seguir, por aguantar, por entender a situación e por axudarnos a levar a cabo o noso traballo.
Somos Coviastec Silleda, e seguimos loitando polo benestar dos nosos maiores con cariño, compromiso e vocación.
