A Residencia de Maiores de Silleda, pertencente ó grupo de residencias COVIASTEC, é unha residencia de maiores especializada en atender a persoas maiores dependentes. Dispón de espazos libres axardiñados e está sita en Silleda, fronte ás instalacións da Semana Verde, no corazón de Galicia. A residencia conta con 59 camas, distribuidas entre habitacións dobres e individuais. Tamén dispoñemos de servizo de celebración de misa, opcional.

Instalacións adaptadas

As nosas instalacións están adaptadas ás necesidades de cada residente e contan con un equipamento moderno que recolle os últimos avances do sector en seguridade e confort. A nosa residencia conta con todas as zonas comúns necesarias para prestar servizo en todas as zonas. Contamos con 59 prazas de centro residencial con habitacións grandes e luminosas

Profesional especializado
Contamos con un equipo de profesionais moi motivado, coa cualificación e experiencia necesarias para ofrecer un servizo integral de calidade aos nosos residentes. Todos os residentes son inicialmente avaliados polo noso equipo de profesionais ó ingresar na residencia, momento no que se establece un programa a realizar con cada un deles para acadar os obxectivos previstos en función das súas circunstancias.
Contorna activa e cercana

A nosa residencia conta con un completo programa de actividades orientadas a lograr a plena integración social, física e psicolóxica dos nosos residentes. Pretendemos acadar varios obxectivos como: aumentar a independencia funcional, o entretemento, a diversión, lograr a integración no centro e favorecer a socialización. En definitiva, mellorar a calidade de vida.

Menús adaptados

O noso centro presta unha atención que cobre tanto a estancia como a manutención. Para iso contamos con un servizo de restauración propio supervisado pola dirección e o equipo médico, baseado en menús adaptados ás necesidades nutricionais.

Na Residencia de Maiores de Silleda buscamos que as persoas maiores reciban a atención máis adecuada ás súas necesidades para que se sintan como na casa. O noso principal obxectivo é mellorar o benestar físico e emocional das persoas nun ambiente activo.

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.